miércoles, 23 de enero de 2013


Preme para voltar á portada

Atletismo: o club Santa Uxía participou no Campionato Galego de Cross Corto por Clubs e quedou entre os 15 primeiros de Galicia

Ribeira, 22 de xaneiro de 2013. O Campionato Galego de Cross Corto por Clubs, celebrado o pasado domingo 20 de xaneiro no Monte do Gozo de Santiago de Compostela tivo protagonistas ribeirenses. O club Santa Uxía de atletismo enviou a Ramón Folgar, Ramón Fernandez, Javier Vidal, Joaquín Dios e Julio Cajuso, que foron quen de clasificar ao club ribeirense entre os 15 primeiros de Galicia, inda sendo a primeira participación nesta competición. Tamén os acompañou Carlos Brión, trialeta e nadador ribeirense que agora engade esta faceta deportiva.
Nin que dicir ten, á vista das imaxes, que as condicións meteorolóxicas foron realmente moi adversas, coa conseguinte lameira no chan e un frío estarrecedor que convertiron a proba nun verdadeiro rompepernas.


No hay comentarios: