lunes, 26 de mayo de 2014

viernes, 16 de mayo de 2014

Inscripciones ll Carreira Nocturna de Castiñeiras

FORMULARIO DE INSCRIPCION 

PRUEBA ABSOLUTA

Las categorias menores realizaran la inscripción no e-mail: atletismostauxia@gmail.com indicando o nome, sexo e fecha de nacemento.

jueves, 15 de mayo de 2014

REGULAMENTO



II CARREIRA NOCTURNA DE CASTIÑEIRAS

O Concello de Ribeira coa Colaboracion do Club Santa Uxia Atletismo organiza o sábado 7 de Xuño de 2014 a partir das 23:00 horas, a II edición da Carreira Nocturna de Castiñeiras, proba que estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices .

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 8km aprox.

DISTANCIAS E HORARIOS 

HORA
CATEGORIA
DISTANCIA
23:00h
Canicross Nocturno
8km aprx.
23:15h
Carreira Popular Nocturna
8km aprx.
Dende as 22:00
Indantil y Cadete
1000 aprox.
Alevin y Benjamin
500m aprox.


“IMPORTANTE”

USO OBLIGATORIO DE  LUZ FRONTAL NA PROBA ABSOLUTA



REGULAMENTO



ARTIGO 1.- A CARREIRA NOCTURNA DE CASTIÑEIRAS realizarase por un recorrido mixto asfalto e monte

ARTIGO 2.-INSCRIPCIÓN E PRAZOS
Os participantes na II Carreira Nocturna de Castiñeiras podeerán inscribirse ata o 5 de Xuño as 14:00 horas. Os corredores que desexenparticipar na proba, teñen a obriga de incribirse na paxina web do concello de Riveira www.riveira.es  ou santauxiaatletismo.blogspot.com.es

O prezo da inscripción será de 6€

O pago realizarase na seguite conta bancaria, indicando como
 “CONCEPTO: C.NOCTURNA”  e o nome do participante.
NOVA GALICIA BANCO ES56 2080 0373 2830 4001 1712

Tamén se poderá realizar o pago no Bar "Nuevo Noruego" 


IMPORTANTE:Unha vez feito o pago mandar xustificante de pago a atletismostauxia@gmail.com


As categorias menores soamente poderán participar inscribindose enviado un e-mail a atletismostauxia@gmail.com indicando o nome,data de nacemento e sexo.

RETIRADA DE DORSAIS: Realizarase o día da proba preto da liña de saida-meta. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona próxima ó peito e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.


ARTIGO 3.-CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN

Só existirán dúas clasificacións: xeral masculina e xeral feminina.


ARTIGO 4.- TROFEOS
Na II Carreira Nocturna de Castiñeiras outorgaranse os seguintes premios:
·      Trofeo ós tes primeiros clasificados de cada categoría establecida  no regulamento da proba agás nas categorías menores que non haberá  nin premiación nin clasificación das carreiras
·      Medalla para todos os participantes das categorías menores. 

ARTIGO 5.- ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a carreiras, a entrega de premios será nas proximidades da liña de meta.

ARTIGO 6.- RECLAMACIÓNS
As reclamacións os resultados oficiais deberán dirixirse verbalmente o xuíz árbitro da competición con prazo límite de 30' despois da publicación dos mesmos. Todo o non recoliido no presente regulamento rexirase polas normativa da FGA e RFEA para probas en ruta.

ARTIGO 7.-DESCALIFICACIÓNS
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a sua extensión (na parte anterior do corpo e de xeito visible durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
- Por participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicaciones da Organización.
- Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.

O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.
A decisión sobre a posible descalificación do atleta corresponderá o xuiz árbitro da competición e será adoptada polos Organizadores da proba, polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas as reclamacións deberán facerse verbalmente o xuiz árbitro da competición. 



ARTIGO 8.- CLÁUSULAS ADICIONAIS

Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes

Segunda: A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos na proba. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.




A II Carreira Nocturna de Castiñeiras conta ca colaboración do Concello de Riveira,    A.C.D “As Miñoteiras” , Asociación A REDONDA VELLA, AAVV VECIÑOS DE CARREIRA, PROTECCION CIVIL e POLICIA LOCAL DE RIVEIRA