lunes, 9 de abril de 2012

Perfil do Corgo

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=2612424&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S

V CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES

CONCELLO DE RIVEIRA GRAN PREMIO NEW BALANCE – A POUTADA REGULAMENTO XERAL

1. CARREIRAS

As carreiras que compoñen o circuíto 2012 son:

  • VI CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO (Lugar de Teira – Corrubedo)

    Sábado 5 de maio (9.300 metros monte a través)

  • IX CARREIRA POPULAR VIRXE DA GUÍA (San Paio de Carreira)

    Xoves 17 de maio (5.200 metros – asfalto)

  • V CARREIRA DO DEMO (ARTES)

    Domingo 26 de agosto (6.666 metros – asfalto)

  • XV CARREIRA POPULAR STA UXÍA (RIVEIRA)

    Domingo 16 de setembro (10.000 metros – asfalto) circuíto homologado

    2. PARTICIPACIÓN

    Para acadar algún dos premios será condición indispensable ter rematado as catro carreiras

    3. CATEGORÍAS

    Só existirán dúas clasificacións: xeral masculina e xeral feminina

4. CUSTO DAS INSCRICIÓNS

O prezo das inscricións será de 8 € para o total das carreiras (o conxunto das 4). Si non se pretende estar incluído no circuíto, a inscrición en cada proba independente será de 3 euros. O pago xestionarase a través de Championchip.
5. IDADE MÍNIMA

Só puntuarán para o circuíto os atletas nados en 1995 e anos anteriores. Independentemente das categorías que poda establecer cada carreira.
6. SISTEMA DE CLASIFICACIÓN
Para elaborar a clasificación xeral do circuíto, farase unha suma dos tempos acadados en cada proba (tipo volta ciclista). Resultando gañador o atleta que remate o conxunto das 4 probas en menos tempo.

O tempo que se reflexará no circuíto, para os participantes masculinos que concorran na carreira de O Corgo na categoría de parellas, será o mellor de entre as dúas posibilidades seguintes:

  • Tempo real na carreira do Corgo, ou

  • Prorrateo do tempo na carreira da Guía con respecto ó vencedor, extrapolado á diferencia co gañador na

page1image19248
page1image19520
page1image19792
page1image20064
page1image20336
page1image20608
page1image20880

carreira do Corgo

V Circuito de Carreiras Populares – Riveira 2012

7. PREMIOS

Material deportivo para os 3 primeiros clasificados absolutos masculinos do circuíto, así como para as 3 primeiras mulleres. O valor de cada pack será de 200 euros (este pack inclúe: Un par de deportivos New Balance, unha prenda técnica New Balance, un tubular Buff, uns calcetíns Mud, un lote de productos Gu e unha mochila ....

Todos aqueles corredores/as que rematen as catro probas das que consta o circuíto recibirán unha camiseta técnica NEW BALANCE.
8. INSCRICIÓNS
As catro probas son cronometradas por CHAMPIONCHIP, así que as inscricións formularanse a través da súa páxina, a excepción das carreiras que teñan categorías base, que se farán na web correspondente a cada carreira.

9. INFORMACIÓN

A información do circuíto e das carreiras que o forman estará publicada nas seguintes páxinas web: www.riveira.es ( información do circuíto e da carreira popular Sta Uxía). www.cofradiadadorna.com (información carreira do Corgo).
www.virxedaguia.org (información carreira da Guía).

www.museoetnograficodeartes.com (información carreira de Artes). www.championchipnorte.com (información e inscricións de todas as carreiras do Circuíto).

page2image11120
page2image11392
page2image11664
page2image11936
page2image12208
page2image12480
page2image12752
page2image13024

Comeza o Circuito de Carreiras Populares do CONCELLO DE RIVEIRA
Este ano temos como novidade que todas as carreiras estarán cronometradas por ChampionChip.

www.riveira.es