sábado, 29 de diciembre de 2012

Ultimos 5 días para inscribirse na  "2 CARRERIA POPULAR DO NADAL", cantos mais mellor

Hoxe, sábado día 29 de decembro celebrarase a Gala Anual do Atletismo Galego 2012 na que se outorgarán distincións aos diferentes estamentos atléticos e organismos, de acordo cos méritos amosados ao longo da tempada 2011/12.

O acto desenvolverase a partir das 20:30 horas, no Salón de Actos del Instituto Social de la Marina







viernes, 21 de diciembre de 2012

Segunda edición da Carreira do Nadal, este ano aumentamos as categorías

lunes, 17 de diciembre de 2012


SEIS COMPETICIÓNS E CINCO ACCIÓNS DEPORTIVAS OU DE AVENTURA CONFORMAN A PROPOSTA DO CONCELLO DE RIVEIRA PARA ESTE NADAL

Logo de que fora presentada publicamente a programación que para este Nadal organizou o Concello de Riveira a través das Concellerías de Cultura e Comercio, chega a ocasión de expoñer o calendario de eventos postos en marcha dende as áreas de Xuventude e Deportes, e que están a orientados a un público basicamente de carácter xuvenil e infantil.

Os edís Aroa Fernández e Juan Luis Martínez foron os encargados de desgranar estas actividades, que están divididos dúas clases, segundo teñan un carácter competitivo ou ben sexan de índole máis participativa.

Polo que respecta ás actividades estritamente competitivas, o calendario de eventos estará conformado por seis torneos:

  • Trofeo Unicef de Fútbol Sala: Terá lugar os días 27 e 28 de decembro no polideportivo de A Fieiteira en horario de tarde, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

  • 3x3 de Baloncesto: Celebrarase o día 29 de novembro no polideportivo de Santa Uxía (Coroso) entre as 17 e as 21 horas. Destinado ás categorías infantil, cadete e xuvenil.

  • Torneo de Fútbol 11 ‘Residencial Mirador de Padín’: Desenvolverase nos días 29 e 30 de decembro no campo de herba sintético de A Fieiteira, a partir das 9.30 horas. Dirixido ás modalidades cadete e xuvenil.

  • Torneo de Xadrez de Reis: Acontecerá o 4 de xaneiro na Casa da Xuventude, de 10 a 13 horas. Orientado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

  • Trofeos de Tenis: Que xa se iniciou e se prolongará ata o 4 de febreiro, coas finais que se disputarán no polideportivo de A Fieiteira. No torneo de dobres están inscritas doce parellas e no individual, 39 tenistas. Categoría absoluta.

  • Carreira Popular de Nadal: Carreira pedestre destinada ás categorías base que se celebrará o día 5 de xaneiro, con saída e chegada nas inmediacións do poliderportivo de Santa Uxía (Coroso).
As outras actividades, deportivas ou de aventura, son:

·         Minicampus de Baloncesto: Destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran iniciarse no mundo do baloncesto. Terá lugar o día 22 de decembro, no polideportivo de Santa Uxía, de16.30 a 20.30 horas.

·         Campamento Deportivo: Actividades predeportivas e de recreación para ocupar o tempo de lecer dos nenos de 5 a 11 anos durante o tempo de lecer. Terá lugar os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro no Complexo de A Fieiteira, en horario de 10 a 13 horas.

·         Puenting: actividade de aventura que se celebra todos os 31 de decembro en Ponte Ceilán (estrada Noia-Outes). O particular “San Silvestre” do Concello de Riveira. Dirixida a maiores de idade.

·         Patinaxe sobre xeo e parque de ocio: Viaxe en autobús a Pontevedra a patinar sobre xeo, disfrutar do seu parque de ocio e pasar o día pola cidade. Orientado a rapaces de 8 a 15 anos. Será o 2 de xaneiro con saída pola mañá da estación de autobuses e regreso a última hora da tarde.

·         Partido Deportivo de A Coruña – Málaga: Viaxe en autobús o día 6 de xaneiro para presenciar este partido de Primeira División na cidade herculina. Destinado a xóvenes de 10 a 17 anos.
Para máis información e inscricións, cómpre poñerse en contacto coa oficina da Concellería de Deportes en A Fieteira (teléfono 981 873 646; email deportes@riveira.com) ou coa Casa da Xuventude (teléfono 981 835 289; email xuventude@riveira.com).

Dende as concellerías de Xuventude e Deportes se quixo agradecer a colaboración recibida de entidades como Unicef, Club Baloncesto Riveira, Asociación As Miñoteiras, Club Atletismo Santa Uxía ou o Club de Xadrez do Círculo Mercantil.